El programa Luz Verde pretende ser un medio de comunicación permanente con los espectadores, tanto a través del programa como en las redes sociales. Luz Verde cuenta con perfiles en Facebook y en Twitter para estar abierto a la participación de todos de una manera interactiva. El espacio estará protagonizado por los propios guardias civiles que trabajan a diario en la carretera.
Os espectadores verán como se preparan os axentes cando as condicións meteorolóxicas son adversas para a condución e polo tanto, o risco de accidente é maior para moitos condutores, que non están concienciados e fan caso omiso das recomendacións Galicia é unhas das comunidades onde os fenómenos meteorolóxicos teñen especial incidencia na estrada, debido á frecuente choiva e aos puntos onde son habituais o xeo, a néboa ou a neve.
Un de cada seis condutores galegos ten máis de 65 anos. O rigor nos exames psicoténicos, a limitación de conducir en certas vías ou a complicidade da familia son algún dos aspectos que trata o programa.
O tenente coronel Francisco Javier Molano explica o papel da Agrupación de Tráfico para evitar este tipo de sinistros, en que a mortalidade dos implicados é superior á media. O tenente Francisco Javier Dopico e o garda civil Pablo Bouzas achegan a súa experiencia e póñenlle voz a un relato que vai esmiuzando todas as implicacións de ter un censo de condutores con idade elevada, como acontece en Galicia.
A coordinadora da Dirección Xeral de Tráfico para Galicia, María Victoria G. Dobarro, e a psicóloga Eva Muíño, engaden os enfoques normativo e psicolóxico, para entender na súa complexidade unha problemática que se prevé que sexa aínda máis acusada nos próximos anos polo progresivo avellentamento da poboación.
© Agradecimientos y Créditos: Vía CRTVG.es, LaVozDeGalicia.es. Enlaces, menciones y fotos de esta entrada.
NOTA: Puede que los enlaces, imágenes y/o vídeos dejen de verse.