El programa Luz Verde pretende ser un medio de comunicación permanente con los espectadores, tanto a través del programa como en las redes sociales. Luz Verde cuenta con perfiles en Facebook y en Twitter para estar abierto a la participación de todos de una manera interactiva. El espacio estará protagonizado por los propios guardias civiles que trabajan a diario en la carretera.
Os dispositivos de seguridade do vehículo poden resultar determinantes á hora de evitar un accidente ou, en caso de telo, na distinta gravidade das lesións que sufran os ocupantes. Entre os máis destacados están os sistemas de retención, tanto o cinto de seguridade coma o sistema de retención infantil onde deben ir os menores. A seguridade activa, a que contribúe ao manexo do vehículo, e a pasiva, constituída polos elementos que nos protexen despois dun accidente, avanzaron enormemente nos últimos 20 anos.
Os coches son hoxe máis seguros, pero precisan tamén do factor humano para que estes dispositivos poidan ser efectivos. No caso dos menores, reducen nun 90% as lesións despois dun accidente, e o uso do cinto no caso dos adultos, reduce á metade a posibilidade de falecer tras unha colisión de calquera tipo.
O programa fala coa responsable en Galicia da DXT, Mª Victoria Gómez Dobarro, e o tenente coronel Francisco Javier Molano, que non informan sobre a normativa relacionada cos dispositivos de seguridade. Ademais, os axentes Héctor Teixeira, Rubén Pereira, José Manuel Sixto, e o sarxento Manuel Lorenzo comentan a diferenza que, na súa experiencia, constitúe o uso destes elementos, ademais de explicar como actúan nun accidente no que están implicados menores de idade.
© Agradecimientos y Créditos: Vía CRTVG.es, LaVozDeGalicia.es. Enlaces, menciones y fotos de esta entrada.
NOTA: Puede que los enlaces, imágenes y/o vídeos dejen de verse.